miércoles, 28 de noviembre de 2012

Tema 2 - Hardware

O hardware literalmente traducido do inglés significa partes duras. Co cal son as partes tanxibles que compoñen un sistema informático como cables, periféricos, caixas ou gabinetes ou calquera outro elemento físico. Este conxunto de compoñentes non só teñen aplicacións para as computadores, se non tamén para un robot, un teléfono móbil, unha cámara de fotografias o un reproductor multimedia, entre outros que posean un hardware. Estes sistemas informáticos compoñense dunha unidade central de procesamentos (UCP /CPU), un ou varios periféricos de entrada, outros de saída e por último os de entrada e saída dos datos procesados.

En canto a historia do hardware pódese clasificar en catro xeracións diferenciadas, caracterizadas por un cambio tecnolóxico de importancia.


A válvula termoiónica é un
compoñente electromecánico.



A primeira xeración: foron as primeiras máquinas que desplazaron os compoñentes electromecánicos.


A segunda xeración: baseada no uso de transistores que reduciron considerablemente o tamaño dunha computadora, entre outras cousas.






Chip de silicio
A terceira xeración: baseada no uso de circuitos integrados, permitindo o uso de centos de transistores e compoñentes electrónicos nun único circuíto integrado, como consecuencia as computadoras reduciron o seu tamaño e consumo de enerxía.


A cuarta xeración: ou xeración do futuro producirase cando os circuítos de silicio sexan substituídos por un novo tipo de material.




Tamén podemos clasificalos segundo sexan imprescindibles ou non:
  • Hardware Básico: son as pezas fundamentais e imprescindibles para que a computadora funcione como son: Placa base, monitor, teclado e o rato.
  • Hardware Complementario: son todos aqueles dispositivos adicionais non son imprescindibles como poden ser: impresora, escáner, cámara de vídeo dixital, webcam, etc.


Segundo as súas funcións divídense en varios grupos:
Aquí vemos un esquema dos dispositivos dun hardware


Dispositivos de Entrada: son aqueles a través dos cales se envían os datos á unidade central de procesamento.
Dispositivos de Saída: son aqueles que reciben os datos procesados pola CPU e permiten exteriorizalos.
Dispositivos de Entrada e Saída







CPU (Central Processing Unit ou Unidade Central de Procesamento): pode estar composta por un ou varios microprocesadores de circuítos integrados que se encargan interpretar e executar instrucións, administrar, coordinar e procesar datos.





Unidade de Control: é a encargada de controlar que as instrucións.
Unidade Aritmético-Lóxica: é a unidade de proceso onde se leva a cabo a execución dos datos.
Unidade de Almacenamento (memoria RAM, memoria ROM e memoria Caché.)


Clicando neste enlace accedes a o Tema 2 - Hardware na miña páxina de Google Sites.

lunes, 1 de octubre de 2012

A miña música preferida.

Non teño ningún xénero musical preferido se non que escoito diversos  grupos músicais, cantantes e djs. 
Comezando polos  xéneros musicais que máis me gustan, entre outros moitos, son: Pop, Pop-Rock, House, Electro Dance... .Pero aínda que escoito moita música non me gustan todos os xéneros se non que algúns deles como por exemplo a música clásica, jazz, blues, flamenco, sevillanas, etc. resultánme aburridas e incluso ás veces insoportable. Xeralmente adoito despertarme pola mañán con música, escoito música mentras me ducho, cando voy no coche... Pódese dicir que escoito música case todo o día. Tamén adoito escoitar música nalgunhas emisoras de radio, as que máis me gustan son "Los 40 principales", "Europa FM" ou "Máxima FM".
Os meus cantantes e grupos preferidos son: Flo Rida, The Wanted, Will i am, Usher, Pitbull, Lady Gaga, LMFAO... 





















 



- As cancións que máis me gustan son:
  • The wanted - Chasing the sun
  • Will i am feat Eva Simons - This is love
  • The wanted - Glad You Came 
  • Usher - Scream
  • Carly Rae Jepsen - Call Me Maybe